15 de Abril de 2015

Eduardo Galeano

Eduardo Galeano

O día 13 de abril foisenos Eduardo Galeano, o autor de “Las venas abiertas de América Latina” entre outras moitas obras que nos axudaron a ver o continente americano con outros ollos, os ollos da solidariedade, cos ollos da utopía.

“Cuando la piedra arde” é unha fermosa historia que temos na nosa biblioteca feita por Galeano, e que hoxe, neste día de mágoa polo seu pasamento, anímovos a ler, e logo a reflexionar sobre a súa profunda mensaxe.

O noso mellor funeral é a lectura da súa obra.

Neste sentido grazas a telesurtv.net podemos acceder a boa parte da súa obra en formato dixital (pdf) no seguinte enlace:

http://www.telesurtv.net/news/10-Libros-para-descargar-de-Eduardo-Galeano-20150413-0018.html

27 de Xaneiro de 2014

Os compañeiros do Ceip Andrade fixeron este interesante Prezi sobre a vida de Mandela que vos deixamos aquí para que poidades afondar aínda máis na figura deste grande home que cambiou, co seu compromiso firme pola igualdade, a historia do seu país e do mundo.

Grazas a todas as bibliotecas que están a traballar na figura de Madiba por estas aportacións que tanto nos enriquecen, e polo sanísimo vicio de compartir os traballos.