3 de Febreiro de 2016

As olimpíadas son este ano, e por iso imos adicar as nosas olimpíadas do coñecemento e da investigación ao tema do deporte e da aventura.

Pero, como a máis das olimpíadas celebramos tamén o Día da Paz, que este ano adicamos á igualdade de xénero e contra a violencia machista, e como aí mesmo está a celebración do día internacional da Muller Traballadora, este ano a nosa olimpíada cultural se vai adicar a mulleres, mulleres que destacaron no deporte e na aventura.

Así que xa sabedes, artellade os vosos equipos de investigación, estade moi atentos ás pistas, e xuntos, imos descubrir a esas mulleres pioneiras, esas atletas destacadas, esas aventureiras audaces…

Dinosabio xa está preparado coas pistas. Vós estades tamén preparados???

 

27 de Novembro de 2015

Este ano traballamos, mediante un proxecto documental, a convivencia entre todos os membros da nosa pequena comunidade escolar, unha aprendizaxe moi necesaria para que poidamos, o día de mañán, estender estas aprendizaxes á nosa vida en sociedade, no traballo, na rúa, na familia…

Participantes do Condesa na Concentración contra da Violencia de Xénero

Participantes do Condesa na Concentración contra da Violencia de Xénero

Neste sentido participarmos no Día Mundial contra da violencia de Xénero resulta completamente coherente e necesario, e así participamos todos a nivel interno nun acto de solidariedade coas vítimas desta violencia desatada contra das mulleres, e os maiores tamén participaron nunha concentración canda o alumnado dos outros centros de ensino da localidade nunha convocatoria realizada dende o Concello do Barco.

Se queredes ler unha reportaxe desta actividade podedes ver o artigo publicado polo xornal O Sil neste enlace: http://www.osil.info/concentracion-contra-a-violencia-de-xenero-no-barco/

 

18 de Maio de 2015

Nestes días rematamos unha parte do traballo do noso proxecto documental, o proceso de investigación sobre as normas que, dende sempre, os humanos foron tomando para regular a convivencia social.
Agora comenza outra fase do proxecto, no que tentaremos dotarnos dunhas normas, creadas por nós, discutidas e aprobadas democraticamente no centro, para que regulen a convivencia dentro do mesmo.
Mentras tanto deixámovos aquí a presentación do traballo de investigación que realizaron o alumnado de 5º e 6º de primaria.

12 de Maio de 2014

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do C.E.I.P. Condesa de Fenosa recibiu o xoves día 9 de maio a visita de Ángel Fernández. Da man deste historiador afeccionado e ex-presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses (I.E.V), os nenos e nenas tiveron a oportunidade de saber un pouco máis sobre algúns dos edificios que están a estudar dentro do Proxecto Documental de Centro.
Gelo aportou fotografías e moita información sobre a Igrexa de San Mauro, o Casino, a Casa da Cultura, o Río Cigüeño, … Ademais os/as rapaces/as puideron plantexarlle as súas dúbidas sobre outros lugares que están a estudar como a Praza de Abastos, a Casa Grande de Viloira, a Ponte de San Fernando ou a Casa do Indiano.
Agradecemos moito a visita desta persoa que, sen dúbida, ten moitos coñecementos sobre a historia da nosa vila e lles axudou aos rapaces/as a completar os seus traballos de investigación.
aprendendo sobre os edificios do Barco

20 de Maio de 2013

O ENL, a Axenda 21 e máis a Biblioteca promovemos a realización dun proxecto de investigación sobre a paisaxe, que como remate nos implicou a todos na gravación deste vídeo musical baseado na cantiga do Tren de Andrés do Barro.
O certo é que nun principio pretendiamos facer un lipdub, pero fallounos un pouco o guión para encaixar na música… pero tanto ten, o resultado encántanos e non paramos de fachendear polo traballo feito… Treme Spielberg!!!
Esperemos que vos guste cando menos a metade do que nos gusta a nós!

19 de Febreiro de 2013

Pasado o Entroido, é hora de centrarmos un pouco en tarefas de investigación na biblioteca, e para iso nada mellor que a nosa querida competición da Olimpíada do Saber, concurso de adiviñas por equipos que selecciona un campión tras seis semanas de competición.

Este ano a olimpíada vai adicada aos científic@s que cos seus inventos fixeron avanzar a humanidade, aumentando os seus coñecementos e mellorando a vida das xentes.

Seguro que será unha competición ben interesante se todos participamos co interese e a emoción que se nota nestes primeiros días de concurso. Así que sorte a tod@s e a pola victoria.