15 de Maio de 2015

Tivemos a sorte de contar co noso compañeiro e amigo David Vázquez Álvarez no festival das letras galegas deste ano 2015.

Os nenos e nenas representaron unha obra escrita por David hai anos, o Caldo de pedriñas.

O Caldo de Pedriñas

O Caldo de Pedriñas

Tamén David nos ofreceu un conto e máis unha lectura dalgún poema de seu.

David durante o acto

david

Amáis disto puxemos a disposición de todos na Web do colexio a revista das letras galegas, adicadas este ano aos autores valdeorreses, David Vázquez Álvarez e Florencio Delgado Gurriarán.

 

Tragame Terra 2015

 

 

Un xeito moi bo, en definitiva, de celebrarmos a festa do idioma.
 

 

 

9 de Decembro de 2014

criaLedicia Costas, Daniel Landesa, Xavier P. Docampo, Montse Pena e Laura Saez Fernández presentan o 6 de decembro ás 13:30 horas no Culturgal a revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil ‘Criaturas’.

‘Criaturas’ é unha publicación dedicada á LIX que abranguerá “distintos eidos da literatura infantil e xuvenil galega (crítica, ilustración, tradución…), detendo tamén a atención nas novidades editoriais e facendo un traballo a prol da visibilización de autoras/es e ilustradoras/es. Aínda que a lix galega será o eixo central, abordaranse tamén outras literaturas que se irán incorporando ás seccións da revista número a número, para así achegar ao lectorado unha panorámica xeral da literatura infantil e xuvenil”, explica o grupo promotor desta iniciativa.

Así, “un dos obxectivos de Criaturas é crear un espazo de referencia para o libro infantil e xuvenil galego e vinculalo a outras literaturas. Pero non só: trátase tamén de ter un lugar común onde poidan ter cabida todos os axentes que interveñen na lix, desde ilustradores e ilustradoras ata traduto- ras/es, escritoras e escritores, profesionais do mundo da edición, etc”.

O poeta, deseñador e filólogo Daniel Landesa e a escritora Ledicia Costas coordinarán a revista. Mais o consello editorial está integrado por distintos profesionais vinculados á LIX: Agustín Fernández Paz, escritor; Burghard Baltrusch, profesor de literatura lusófona na Universidade de Vigo; Carlos Nogueira, escritor; Fran Alonso, escritor e editor, Gracia Santorum, docente e autora do Blog Trafegando Ronseis; Laura Sáez, editora de Patas de Peixe; Mar Pérez, bibliotecaria (Biblioteca Xosé Neira Vilas, Vigo); María Jesús Fernández, docente e crítica literaria especializada en LIX María Lado, poeta; Mercedes Queixas Zás, docente e secretaria da AELG; Miguel Vázquez Freire, docente, escritor e crítico literario; Montse Pena Presas, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria especializada en LIX; Nuria Díaz, ilustradora e deseñadora e Xabier P. Docampo, escritor. Todos os detalles, o sábado no Culturgal.
(artigo tomado de M; Magazine cultural galego)

15 de Maio de 2014

Os alumnos e alumnas de 6º, como é habitual fixeron un cómic sobre a vida do autor ao que se lle adica as letras galegas este ano: Xosé María Diaz Castro.
O cómic-vídeo vainos axudar a coñecer un pouco sobre a vida e obra deste autor, nacido en Guitiriz hai agora 100 anos.
Esperamos que vos guste!

28 de Abril de 2014

Como todos os anos os alumnos e alumnas de 6º de primaria elaboraron as súas coplas que acompañarán ao maio que se presentará ao concurso do concello na mañanciña do 1º de Maio.
Para que todos poidamos coñecer estas coplas queremos poñelas aquí, no blogue da biblioteca.
Que vos gusten!!

Maios 2014 Condesa

29 de Outubro de 2013

O vindeiro 4 de novembro celebramos o día da Ciencia en Galego, xornada científico-reivindicativa, xa que xunta a aprendizaxe do que é a ciencia coa valoración do noso idioma como veículo do pensamento científico.
E nos vén de perlas que este ano as Bibliotecas Escolares estean polo labor de ler libros de ciencias, aínda que algúns non sexan en galego, porque o cartaz nos veu que nin pintado.
Así que o 5 de novembro (o 4 hai unha previsión metereolóxica desastrosa) sairemos ao patio e faremos os nosos experimentos, pero tamén acudiremos á biblioteca, porque durante unha pequena temporada, poderemos disfrutar destes libros de ciencia que enchen a nosa exposición.
Quedan moitos libros de ciencias nos andeis da biblioteca (so escolmamos para a exposición aqueles que falan de experimentos) e vos invitamos a que os leades, porque a ciencia, como dixo Richard Dawkins, nos mostra a maxia da realidade, que é máis marabillosa que calquera invención.

Visitando a exposición

24 de Maio de 2013

Acabamos de incluír unha animacion feita en Domonation neste blogue. Este ano non nos deu moito tempo para traballar con esta ferramenta, pero, dados os resultados prometemos volver o ano que vén.
Desfrutádeo!!
DomoNation.com: Federico by quinif

Like it? Create your own at DomoNation.com. It’s free and fun!

20 de Maio de 2013

O ENL, a Axenda 21 e máis a Biblioteca promovemos a realización dun proxecto de investigación sobre a paisaxe, que como remate nos implicou a todos na gravación deste vídeo musical baseado na cantiga do Tren de Andrés do Barro.
O certo é que nun principio pretendiamos facer un lipdub, pero fallounos un pouco o guión para encaixar na música… pero tanto ten, o resultado encántanos e non paramos de fachendear polo traballo feito… Treme Spielberg!!!
Esperemos que vos guste cando menos a metade do que nos gusta a nós!

9 de Maio de 2013

Pois si, e xa van uns 17 anos que vimos editando a nosa revista co gallo das Letras Galegas.
Eiquí, a máis dunha semblanza do autor á quen se lle adican as letras galegas, este ano Roberto Vidal Bolaño, recollemos unha pequena escolma dos traballos que o noso alumnado ten feito ao longo do curso.
Trágame Terra é unha contribución da nosa comunidade educativa á normalización lingüística, tan, tan, tan necesaria.
Mil primaveras e mil Trágame Terra máis para a lingua.

Revista Letras by quinif

29 de Abril de 2013

As compañeiras e o compañeiro de pedagoxía terapéutica acaban de rematar unha biografía de Vidal Bolaño para o alumnado con dificultades de lectura do centro, así que non me resisto e o publico xa para que tod@s podamos coñecer ao autor das letras.
Biografía con pictogramas de Roberto Vidal Bolaño

24 de Abril de 2013

Sorpréndenos, gratamente, a asociación ecocultural Barco-Iris cunha iniciativa para o vindeiro sábado 27 de abril, invitándonos a xuntarnos no Malecón do Barco para ler, cada quen pola súa conta pero xuntos no mesmo espazo, durante unha hora á beira do Sil.
A hora da convocatoria é ás 12 da mañán e o lugar, como xa dixemos, á beira do Sil á altura da Casa da Cultura.
Aínda que nós non imos poder ir (hai unha xuntanza de bibliotecas escolares galegas e portuguesas en Verín onde vamos estar) animámovos a que acudades a tan interesante actividade.
Boas lecturas!

« Older PostsNewer Posts »