24 de Febreiro de 2015

Comezamos, neste intervalo entre o entroido e a semana santa, a nosa particolar coresma, co concurso máis rachador de todos, a olimpíada do Saber.

Este ano, e dado que o noso Proxecto Documental vai tratar sobre a convivencia, imos adicar o noso concurso a aquelas persoas, organizacións, ou documentos que marcaron fitos na historia, na procura de mellorar a convivencia entre a xente e regulamentar as normas da sociedade para unha mellor vida en común.mascotacorrendo

Así que facede como don Dinosabio e a participar!!

5 de Decembro de 2014

Chega o nadal, e con el o barquiño, o noso boletín trimestral, coas nosas recomendacións lectoras… pequenas suxestións para a carta aos Reis Magos, e algún que outro consello que damos, madía leva, aínda que non se nos pida.

Barquinho Nadal

5 de Novembro de 2014

Pois si, comezamos estes días coas actividades de formación de usuarios. En breve pasarán pola biblio os pequenos de infantil para que vaian vendo como funciona a biblioteca e poidan comezar a facer os seus empréstamos autonomamente durante os recreos. Logo seguirán os rapaces e rapazas de primeiro ciclo que repasarán as normas da biblioteca, e logo os maiores que aprenderán outras cousas sobre a distribución dos libros, como procurar información, etc…
Pero os primeiros en pasar pola biblioteca para estar preparadísimos son os profes.
Déixovos aquí unha instantánea dunha das sesións de formación para profes que fixemos nestes días. Fixádevos que caras de concentración!!
Así dá gusto!Formación na Biblioteca

12 de Maio de 2014

Como todos os anos, cando se está acabando o curso e comezamos a preparar o seguinte curso, queremos saber a vosa opinión sobre os servizos e funcionamento da biblioteca.
Para iso pedímovos que nos axudedes enchendo este formulario. Havos levar ben pouco tempo, pero seguro que nos vai ser de grande axuda para mellorar no futuro.

23 de Abril de 2014

Hoxe celebramos o día do Libro!
Ao igual que nos últimos anos imos celebrar durante esta semana unha serie de mercadiños de intercambio de libros, o de hoxe para os nenos e nenas da etapa de educación infantil.
A biblioteca engalanouse para a ocasión, como podedes ver na foto que se xunta a esta entrada do blogue, para facer máis interesante aínda a actividade que imos celebrar.
Felices lecturas a tod@s!!

Mercadiño de intercambio de libros

7 de Abril de 2014

Como é habitual imos celebrar o día do libro cunha nova edición do mercadiño de intercambio de libros.
Serán os días 23 (infantil), 24 (1º, 2º e 3º) e 25 (4º, 5º e 6º) deste mes de Abril, o mes dos libros.
O mecanismo é simple: traeremos os libros que queiramos intercambiar da casa e o noso titor vainos cambiar cada libro por un dólar literario de Díaz Castro, o autor das letras galegas deste ano. Os libros que traiamos para o intercambio terán que estar en bo estado de conservación e ser apropiados para a idade na que se participe.
O día da feira baixaremos á biblioteca coas nosas moedas e por cada unha teremos dereito a levarnos un libro da exposición.
A feira abrirá cinco minutos despois do timbre do recreo, para dar tempo a todo o mundo a estar na apertura da mesma, e que ninguén vaia chegar cando xa non queden libros para intercambiar.
A selección dos libros, comprobando que sexan axeitados e que estean en bo estado de conservación correspóndelle aos titores que revisarán cada libro que chegue ao intercambio.
Animádevos a participar e a partillar experiencias lectoras.
libro dólar

18 de Febreiro de 2014

Comezamos con este post unha serie de novas para ir, aos poucos, aprendendo a manexar os e-readers.

Dentro duns anos, cando vós sexades adultos, a meirande parte das lecturas vanse facer neste tipo de dispositivos, e xa vai sendo hora de que nos vaiamos afacendo, cando menos os maiores do cole, a fuchicar nestes aparatos.

Así que ide aprendendo algunhas cousiñas para que cando collamos nas nosas mans os e-readers sexamos xa uns campións.

17 de Febreiro de 2014

Un ano máis comeza a nosa olimpíada do Saber, e, durante cinco semanas imos estar pescudando en libros, na internet, preguntando a expertos, sobre a arte e os artistas, que é o tema sobre o que xira a olimpíada deste curso.

Así que, lembrando aquilo de que O IMPORTANTE É PARTICIPAR, desexámovos dende aquí moita sorte a todos e a todas, e sobre todo moitos ratos de diversión e asemade de coñecemento.

20 de Decembro de 2013

Un novo número do Barquiño de Papel (e tamén a súa edición dixital) nos vai acompañar este Nadal ás nosas casas. A visita do Apalpador, a morte de Nelson Mandela, o Proxecto Documental, os lectores electrónicos, o programa de lecturas partilladas e o Prestige, con algunhas suxestións de lecturas son os contidos deste novo número do boletín da Biblioteca.
Deixamos aquí o formato dixital este novo número que esperemos que sexa do voso agrado.

Barquinho Nadal 2013

29 de Outubro de 2013

O vindeiro 4 de novembro celebramos o día da Ciencia en Galego, xornada científico-reivindicativa, xa que xunta a aprendizaxe do que é a ciencia coa valoración do noso idioma como veículo do pensamento científico.
E nos vén de perlas que este ano as Bibliotecas Escolares estean polo labor de ler libros de ciencias, aínda que algúns non sexan en galego, porque o cartaz nos veu que nin pintado.
Así que o 5 de novembro (o 4 hai unha previsión metereolóxica desastrosa) sairemos ao patio e faremos os nosos experimentos, pero tamén acudiremos á biblioteca, porque durante unha pequena temporada, poderemos disfrutar destes libros de ciencia que enchen a nosa exposición.
Quedan moitos libros de ciencias nos andeis da biblioteca (so escolmamos para a exposición aqueles que falan de experimentos) e vos invitamos a que os leades, porque a ciencia, como dixo Richard Dawkins, nos mostra a maxia da realidade, que é máis marabillosa que calquera invención.

Visitando a exposición

« Older PostsNewer Posts »