10 de Febreiro de 2015

O entroido tamén chega á biblioteca, como non podía ser doutro xeito, e vos ofrecemos algunhas ideas para facervos os mellores disfraces, como os distintos libros que tedes á vosa disposición na biblioteca.

A desfrutar do Entroido!!

Jugar y crear disfraces de Owen

disfruta haciendo disfraces

maquillaje

2 de Decembro de 2014

caracol-feliz-animales-insectos-pintado-por-morenitax-9824163Aos caracois gústalle moito o outono, e a primavera… en xeral gústalle calquera estación na que chova.

En  canto  caen  catro pingas  os canpos  énchense  de  centos  de miles  de  caracois  que saen a pasear.

Pero Filipín, o caracol, aborrecía a choiva, porque se acatarraba e non paraba de  esbirrar…

Os demais caracois apartábanse del cando ia esbirrar, así que cando chovía quedaba metido dentro dunha cova, mentres vía tristemente como os seus amigos saían a xogar baixo da choiva.

 

5 de Novembro de 2014

Pois si, comezamos estes días coas actividades de formación de usuarios. En breve pasarán pola biblio os pequenos de infantil para que vaian vendo como funciona a biblioteca e poidan comezar a facer os seus empréstamos autonomamente durante os recreos. Logo seguirán os rapaces e rapazas de primeiro ciclo que repasarán as normas da biblioteca, e logo os maiores que aprenderán outras cousas sobre a distribución dos libros, como procurar información, etc…
Pero os primeiros en pasar pola biblioteca para estar preparadísimos son os profes.
Déixovos aquí unha instantánea dunha das sesións de formación para profes que fixemos nestes días. Fixádevos que caras de concentración!!
Así dá gusto!Formación na Biblioteca

23 de Abril de 2014

Hoxe celebramos o día do Libro!
Ao igual que nos últimos anos imos celebrar durante esta semana unha serie de mercadiños de intercambio de libros, o de hoxe para os nenos e nenas da etapa de educación infantil.
A biblioteca engalanouse para a ocasión, como podedes ver na foto que se xunta a esta entrada do blogue, para facer máis interesante aínda a actividade que imos celebrar.
Felices lecturas a tod@s!!

Mercadiño de intercambio de libros

7 de Abril de 2014

Como é habitual imos celebrar o día do libro cunha nova edición do mercadiño de intercambio de libros.
Serán os días 23 (infantil), 24 (1º, 2º e 3º) e 25 (4º, 5º e 6º) deste mes de Abril, o mes dos libros.
O mecanismo é simple: traeremos os libros que queiramos intercambiar da casa e o noso titor vainos cambiar cada libro por un dólar literario de Díaz Castro, o autor das letras galegas deste ano. Os libros que traiamos para o intercambio terán que estar en bo estado de conservación e ser apropiados para a idade na que se participe.
O día da feira baixaremos á biblioteca coas nosas moedas e por cada unha teremos dereito a levarnos un libro da exposición.
A feira abrirá cinco minutos despois do timbre do recreo, para dar tempo a todo o mundo a estar na apertura da mesma, e que ninguén vaia chegar cando xa non queden libros para intercambiar.
A selección dos libros, comprobando que sexan axeitados e que estean en bo estado de conservación correspóndelle aos titores que revisarán cada libro que chegue ao intercambio.
Animádevos a participar e a partillar experiencias lectoras.
libro dólar

1 de Abril de 2014

Acabamos de rematar a nosa curta de animación e, á espera de que nos dean un Óscar ou cando menos un Goya, imos comezar a súa distribución pola rede.
Trátase da dramatización dun conto clásico, deses que se contan cando estamos de festa cos amigos. Pero tivemos que pensar as esceas, o desprazamento dos personaxes… toda unha de cousas que non tiñamos claras antes de poñernos a traballar.
Pero a experiencia foi boa, e esperemos que vos guste moito cando o vexades.
DomoNation.com: o traballo de clase by quinif

Like it? Create your own at DomoNation.com. It’s free and fun!

20 de Decembro de 2013

Un novo número do Barquiño de Papel (e tamén a súa edición dixital) nos vai acompañar este Nadal ás nosas casas. A visita do Apalpador, a morte de Nelson Mandela, o Proxecto Documental, os lectores electrónicos, o programa de lecturas partilladas e o Prestige, con algunhas suxestións de lecturas son os contidos deste novo número do boletín da Biblioteca.
Deixamos aquí o formato dixital este novo número que esperemos que sexa do voso agrado.

Barquinho Nadal 2013

Outra vez o noso grupo de nais de infantil repiten o seu éxito adaptando contos da Biblioteca ao Teatro. Desta volta abandoan á toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, e toman o conto do Coelliño Branco, editado pola editorial Kalandraka… menudo regalo de Reis para os nosos nenos e nenas, e para a nosa Biblioteca.
Así que queremos facer este agasallo extensivo a todos vós a través das páxinas do Blogue.
E xa estamos esperando á próxima adaptación que se lles ocurra facer, que seguro que será igual de boa que as que xa fixeron.
Boas Festas a todos e a todas.

15 de Novembro de 2013

Pois si o Kamishibai tamén ten outros usos a máis de contarnos historias, comodemostran os nenos e nenas de 6º neste vídeo gravado polo día da Ciencia en Galego.
Atendede que imos aprender moito deles.

4 de Novembro de 2013

Hai algúns anos fixemos un traballo de recollida de receitas de castañas e hoxe, pensamos que é un bo momento para desempoar o libro de receitas, poñérmonos o mandilón e coller os trebellos da cociña para deleitarnos cos este froito do outono que celebramos no Magosto.

Hai receitas de todos os tipos, pero te agradeceriamos se nos escribises nun comentario a túa receita preferida de castañas.

Deste xeito compartirías algo moi agradable cos demáis e contribuirías a completar e mellorar este traballo que hoxe presentamos en sociedade

castanas.pdf

« Older PostsNewer Posts »