26 de Febreiro de 2015

Traemos a este blogue unhas cantas imaxes dun dos clubes de lectura que están en marcha este ano. En concreto o clube elixido é un dos que está traballando a lectura en formato dixital.

A máis dos dispositivos con que conta o centro son bastantes os nenos e nenas que trouxeron os seus propios aparatos, e-readers e tablets.

O resultado como podedes comprobar é que a lectura, análoxica ou dixital, é imparable!

IMG_20141112_123321105 IMG_20141112_123240056_HDR IMG_20141112_123246876_HDR

9 de Decembro de 2014

criaLedicia Costas, Daniel Landesa, Xavier P. Docampo, Montse Pena e Laura Saez Fernández presentan o 6 de decembro ás 13:30 horas no Culturgal a revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil ‘Criaturas’.

‘Criaturas’ é unha publicación dedicada á LIX que abranguerá “distintos eidos da literatura infantil e xuvenil galega (crítica, ilustración, tradución…), detendo tamén a atención nas novidades editoriais e facendo un traballo a prol da visibilización de autoras/es e ilustradoras/es. Aínda que a lix galega será o eixo central, abordaranse tamén outras literaturas que se irán incorporando ás seccións da revista número a número, para así achegar ao lectorado unha panorámica xeral da literatura infantil e xuvenil”, explica o grupo promotor desta iniciativa.

Así, “un dos obxectivos de Criaturas é crear un espazo de referencia para o libro infantil e xuvenil galego e vinculalo a outras literaturas. Pero non só: trátase tamén de ter un lugar común onde poidan ter cabida todos os axentes que interveñen na lix, desde ilustradores e ilustradoras ata traduto- ras/es, escritoras e escritores, profesionais do mundo da edición, etc”.

O poeta, deseñador e filólogo Daniel Landesa e a escritora Ledicia Costas coordinarán a revista. Mais o consello editorial está integrado por distintos profesionais vinculados á LIX: Agustín Fernández Paz, escritor; Burghard Baltrusch, profesor de literatura lusófona na Universidade de Vigo; Carlos Nogueira, escritor; Fran Alonso, escritor e editor, Gracia Santorum, docente e autora do Blog Trafegando Ronseis; Laura Sáez, editora de Patas de Peixe; Mar Pérez, bibliotecaria (Biblioteca Xosé Neira Vilas, Vigo); María Jesús Fernández, docente e crítica literaria especializada en LIX María Lado, poeta; Mercedes Queixas Zás, docente e secretaria da AELG; Miguel Vázquez Freire, docente, escritor e crítico literario; Montse Pena Presas, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria especializada en LIX; Nuria Díaz, ilustradora e deseñadora e Xabier P. Docampo, escritor. Todos os detalles, o sábado no Culturgal.
(artigo tomado de M; Magazine cultural galego)

2 de Decembro de 2014

caracol-feliz-animales-insectos-pintado-por-morenitax-9824163Aos caracois gústalle moito o outono, e a primavera… en xeral gústalle calquera estación na que chova.

En  canto  caen  catro pingas  os canpos  énchense  de  centos  de miles  de  caracois  que saen a pasear.

Pero Filipín, o caracol, aborrecía a choiva, porque se acatarraba e non paraba de  esbirrar…

Os demais caracois apartábanse del cando ia esbirrar, así que cando chovía quedaba metido dentro dunha cova, mentres vía tristemente como os seus amigos saían a xogar baixo da choiva.

 

1 de Outubro de 2014

Un ano máis a Biblioteca volve abrir as súas portas para facilitar as lecturas de todos os nenos e nenas do colexio. As actividades que pouco a pouco se van ir abrindo serán as de todos os anos, clubes de lectores, obradoiros de escritura, concursos como a olimpíada do Saber, cursos de formación de usuarios e un longo etcoetera de actividades nas que, de seguro, atoparás algunha que sexa do teu agrado e na que poderás participar.
Polo de pronto temos aí, ben preto, as festas do Samaín e do Magosto e sería boa cousa que xa nos puxésemos en marcha para participar no concurso de contos do terror e na recollida de receitas con castañas.IMG_5263

22 de Abril de 2014

Despois dun inverno tan chuvioso, o noso clube de escritura creou esta historia dunha nena que procura un país onde luza o sol.
Que vos guste!

1 de Abril de 2014

Acabamos de rematar a nosa curta de animación e, á espera de que nos dean un Óscar ou cando menos un Goya, imos comezar a súa distribución pola rede.
Trátase da dramatización dun conto clásico, deses que se contan cando estamos de festa cos amigos. Pero tivemos que pensar as esceas, o desprazamento dos personaxes… toda unha de cousas que non tiñamos claras antes de poñernos a traballar.
Pero a experiencia foi boa, e esperemos que vos guste moito cando o vexades.
DomoNation.com: o traballo de clase by quinif

Like it? Create your own at DomoNation.com. It’s free and fun!

18 de Febreiro de 2014

Comezamos con este post unha serie de novas para ir, aos poucos, aprendendo a manexar os e-readers.

Dentro duns anos, cando vós sexades adultos, a meirande parte das lecturas vanse facer neste tipo de dispositivos, e xa vai sendo hora de que nos vaiamos afacendo, cando menos os maiores do cole, a fuchicar nestes aparatos.

Así que ide aprendendo algunhas cousiñas para que cando collamos nas nosas mans os e-readers sexamos xa uns campións.

4 de Febreiro de 2014

Cando chegou a hora do concerto a sala estaba chea de público e JJ non aguantaba os nervios por saber que pasaría con ese piano.

De repente apagáronse as luces da sala e encendéronse as do esceario,  e mentres se abría o telón JJ dirixiuse  cara ao piano, e comezou a tocar.

Ao principìo todo iba ben pero notou que, aos poucos, os dedos ían esbarando nas teclas, e comprendeu que a calor dos focos estaba a derreter o piano. O público das primeiras filas levantouse e achegouse ao esceario para ver de cerca o líquido en que se estaba convertindo o piano, e os máis atrevidos probáronno. Según ían probando a sala íase enchendo de música, e segundo máis xente ía probar o sabor do piano, máis harmonías marabillosas enchian a sala de concertos.

Cando o piano estivo completamene derretido e todo o líquido lambido polo público, a música parou e o público empezou a aplaudir entusiasmado.

Este concerto foi o maior exito de JJ.

 

aplausos
              FIN

29 de Xaneiro de 2014

Hoxe tivemos unha visita á Biblioteca a primeira hora da mañán. Unha visita cargada de maletas ateigadas de historias, das historias da editorial Kalandraka.
Os rapaces e rapazas de primeiro mergullaron nos petos de Loreto, perdéronse no bosque, e estiveron espertos co Bufo que non podía durmir…
E despois dos contos contados seguro que virán unha chea de lecturas na casa cos fermosos libros desta editorial.
Déixovos unhas imaxes desta  actividade que non nos deixou indiferentes.
animación de kalandraka
animación kalandraka

28 de Xaneiro de 2014

piano de chocolateJJ asustouse coa misteriosa visita,e ao tempo quedou sorprendido polo xeneroso ofrecemento de alguén a quen non coñecía de nada.
JJ saíu do seu asombro e púxose en acción. Ordenou retirar os restos do seu querido piano e baixar da camioneta o novo piano para instalalo no escenario.
Cando todo estuvo a punto JJ sentouse para probar como soaba o novo instrumento, e cando acabou mirouse as mans e viu que tiña os dedos manchados.
Cheirounos e lembrou un ulido familiar, así que lambeu os dedos e confirmouno;
ERA CHOCOLATE!!

« Older PostsNewer Posts »