29 de Marzo de 2016

Chéganos dende a Asesoría de biliotecas unha nova de moito interese: a rede iberoamericana de docentes pon a disposición de todos nós unha colección de libros en formato pdf que tratan de temas educativos.
Os libros, que se poden descargar de balde, abordan moitos temas do ámbito educativo, e, moitos deles, tocan o tema da lectura, da súa promoción, do papel das bibliotecas públicas e das escolares, do uso das TIC na investigación documental… Unha colección que sen lugar ás dúbidas paga a pena botar unha ollada.
Para acceder ao catálogo desta colección podedes premer aquí.

Rede Iberoamericana de Docentes

Rede Iberoamericana de Docentes

24 de Febreiro de 2016

Cando un libro perde a súa etiqueta non sabemos onde colocalo na Biblioteca, xa que é o seu enderezo. Pois iso foi o que lle pasou a este libro, pero menos mal que unhas nenas do colexio, que aprenderon moi ben como se debe etiquetar un libro, axudárono e recompuxeron a súa sinatura.

Deste xeito a historia acaba ben, e o noso amigo o libro  puido volver á biblioteca e atopar o seu sitio exacto.

Este vídeo está realizado por alumnos e alumnas de ALFIN do centro, e que tamén participan dun club de escritura.

É a nosa primeira curtametraxe, así que non sexades moi críticos. Sabemos que ten moitos erros, pero prometemos que no futuro habemos esforzarnos por mellorar.

Que vos guste!

12 de Xaneiro de 2016

Comezamos ano, e retomamos as lecturas de contos por parte dos pais e nais do noso cole para os máis cativos na actividade de os martes… conto.

Xa hai moitos anos que temos en marcha esta actividade e segue a ter unha aceptación moi grande, e proba dela é esta imaxe que vos deixamos no blogue.

Os martes...conto

Cos contos a voltas no martes

27 de Novembro de 2015

Este ano estamos un tanto lacazáns co blogue da nosa biblio… as tarefas de principio de curso nos teñen un tanto atarefados e non damos feito todo como e cando queremos.
Que se lle vai facer!!
Pero as cousas, aos poucos, van volvendo ao seu rego, e xa estamos lendo os venres as obras de Manuel María, o autor ao que se lle adicarán as letras galegas 2016, e tamén xa temos en marcha os clubes de lectura e de escritura, que coma todos os anos presentan unha importante participación do alumnado.
A biblioteca en plena actividade no recreo

A biblioteca en plena actividade no recreo

Tamén andamos ás voltas coa nosa constitución escolar, un esforzo colectivo que xorde do proxecto “Convivimos” que realizamos o ano pasado, e co que tentamos dar resposta aos problemiñas que temos no patio e nas clases, aprendendo a ser cidadáns que saben contemporizar, convivir en harmonía e solventar os nosos problemas por medio do diálogo.
Tamén, e como gran novidade deste ano, as materias de libre configuración do centro en 4º e 6º se refiren á Alfabetización en Información, unha materia esencial para aprendermos a aprender, para que a nosa formación non remate co período escolar senón que poida estenderse ao longo de toda a nosa vida.

15 de Abril de 2015

Eduardo Galeano

Eduardo Galeano

O día 13 de abril foisenos Eduardo Galeano, o autor de “Las venas abiertas de América Latina” entre outras moitas obras que nos axudaron a ver o continente americano con outros ollos, os ollos da solidariedade, cos ollos da utopía.

“Cuando la piedra arde” é unha fermosa historia que temos na nosa biblioteca feita por Galeano, e que hoxe, neste día de mágoa polo seu pasamento, anímovos a ler, e logo a reflexionar sobre a súa profunda mensaxe.

O noso mellor funeral é a lectura da súa obra.

Neste sentido grazas a telesurtv.net podemos acceder a boa parte da súa obra en formato dixital (pdf) no seguinte enlace:

http://www.telesurtv.net/news/10-Libros-para-descargar-de-Eduardo-Galeano-20150413-0018.html

10 de Abril de 2015

David está a ler unha colección de contos dos esquimós de Xoan Abeleira, e gústanlle tanto que quere compartir o seu gusto con todos nós.

Vexámolo.

 

9 de Abril de 2015

-Pero como imos facer – dixo Filipin- Mirade como chove  fóra.

–  Ah xa sei – Dixo Filipin -Ti Moli vas coller unha folla enorme, e ti, un pau, imos facer un paraugas.

Asi que os tres amigos se puxeron a fabricar un paraugas e xuntos marcharon a buscar un lugar onde nunca chovera.

Camiñando chegaron a un bosque con moitas árbores tenebrosas. No medio da espesura sentiron que moitos seres os estaban observando. Ouvían ruídos de movementos entre as árbores e ao lonxe soaban ouveos de animais estraños.

Os tres amigos se asustaron tanto que botaron a correr tan rápido como puideron e así chegaron a un campo grande, fermoso e soleado.

Filipin dixo :

“Que lugar mais precioso. Que vos parece se nos quedamos aqui? Este lugar e vo sitio onde non chove”

-Estamos de acordo- dixo Moli e Dini- Aquí nos quedaremos a vivir.

Os tres amigos puxeronse a xogar todos felices ao parchis, ao pilla-pilla e ao escondite.

Cando estaban xogando viran a unha caracoliña que saia do bosque na outra beira do campo.

Eles foron onde ela e dixéronlle:

– Ola caracoliña, como te chamas?

– Eu son Rosi -respondeulle a caracoliña.

-E que fas por aqui? Perdecheste?-Dixo lle Filipin

-Non, viñen a este lugar buscando o sol porque aborrezo a choiva.

-Que coincidencia, miña madriña nós tamen aborrecemos a choiva- dixo Moli e Dini

– Queres quedarte aquí connosco?- preguntoulle Filipin.

-Si, encantariame- respondeu Rosi.

E os catro amigos quedaron a vivir naquel lugar e foron felices e comeron leitugas

Conto_def

FIN

25 de Marzo de 2015

Si, ti pos o prezo dos libros que levas, velaí a proposta da libraría Tuuuu (pertencente á ONG Yoooou) en Madrid.

Cos cartos que se recollen na libraría sufráganse os gastos das campañas de promoción da lectura da ONG… pero tamén sirve para que reflexionemos sobre o valor dos libros.

A iniciativa tenta fomentar a lectura e evitar a destrución de libros, e xa moven unha media de 1000 libros diarios, entre os que entran en forma de doazóns e os que saen mercados polos usuarios ao prezo que consideren oportuno.

A ver para cando unha iniciativa destas na nosa Terra.

 

24 de Marzo de 2015

-Ah, pois non te preocupes- dixeron o verme e a cascuda- cando chova nós viremos aqui a xogar contigo. Nós tamén aborrecemos da choiva.

-Me encantaría, que ben o vamos a pasar- dixo Filipín- ah por certo, como vos chamades?

-Eu son Dini- dixo a Cascuda

-E eu son Moli- engadiu o verme.

Así que os tres amigos se puxeron a xogar.

Mentres estaban xogando Filipín esbirrou.

Os tres amigos asombráronse e se preguntaron por que  esbirraría Filipin.  Así que se puxeron a buscar e Dini atopou no teito da cova unha pingueira que cada vez se facía mais grande.

-Que desastre!- dixo Moli- Temos que marchar en busca dun lugar onde nunca chova.

cascuda e verme

10 de Marzo de 2015

Pero un día, mentres observaba os xogos do resto dos caracois oiu un ruído dentro da, cova, deuse volta e veu a unha cascuda, negra e espantosa seguida dun verme blanco e brandiño, quen abanzaban cara a el.

-Quen sodes vós?non me manquedes, por favor-dixo o carcol

-Manque  qué ?- responderon os dous insectos – Nós non mancamos a ninguen. E ti dequen ves sendo ? e que fas aqui tan só?

-Eu son Filipin, o caracol, e estou aquí porque cando me mollo coa chuvía poñome a esbirrar. Así que cando chove, quedo só nesta cova, para non mollarme.Caracol-98

« Older PostsNewer Posts »