9 de Abril de 2015

-Pero como imos facer – dixo Filipin- Mirade como chove  fóra.

–  Ah xa sei – Dixo Filipin -Ti Moli vas coller unha folla enorme, e ti, un pau, imos facer un paraugas.

Asi que os tres amigos se puxeron a fabricar un paraugas e xuntos marcharon a buscar un lugar onde nunca chovera.

Camiñando chegaron a un bosque con moitas árbores tenebrosas. No medio da espesura sentiron que moitos seres os estaban observando. Ouvían ruídos de movementos entre as árbores e ao lonxe soaban ouveos de animais estraños.

Os tres amigos se asustaron tanto que botaron a correr tan rápido como puideron e así chegaron a un campo grande, fermoso e soleado.

Filipin dixo :

“Que lugar mais precioso. Que vos parece se nos quedamos aqui? Este lugar e vo sitio onde non chove”

-Estamos de acordo- dixo Moli e Dini- Aquí nos quedaremos a vivir.

Os tres amigos puxeronse a xogar todos felices ao parchis, ao pilla-pilla e ao escondite.

Cando estaban xogando viran a unha caracoliña que saia do bosque na outra beira do campo.

Eles foron onde ela e dixéronlle:

– Ola caracoliña, como te chamas?

– Eu son Rosi -respondeulle a caracoliña.

-E que fas por aqui? Perdecheste?-Dixo lle Filipin

-Non, viñen a este lugar buscando o sol porque aborrezo a choiva.

-Que coincidencia, miña madriña nós tamen aborrecemos a choiva- dixo Moli e Dini

– Queres quedarte aquí connosco?- preguntoulle Filipin.

-Si, encantariame- respondeu Rosi.

E os catro amigos quedaron a vivir naquel lugar e foron felices e comeron leitugas

Conto_def

FIN

16 de Marzo de 2015

IMG_0913Outro ano máis a Biblioteca do Condesa encheuse cos contos da editorial Kalandraka. Desta volta foi Paco Nogueiras o encargado de darlle voz e música aos contos da editorial: A Casa da Mosca Chosca, Críctor ou  o Tío Lobo, así como as cantigas de Brinca Vai.

IMG_0911Os nenos e nenas de 1º curso, como xa é habitual, non saíron do seu asombro, encantad@s de mergullarse no máxico e marabilloso mundo dos contos, no mundo dos libros, no mundo da música…

IMG_0912O único que nos queda é agardar á súa próxima visita o vindeiro curso, e agardarémolo lendo os libros que tanto nos gustaron.

24 de Febreiro de 2015

Comezamos, neste intervalo entre o entroido e a semana santa, a nosa particolar coresma, co concurso máis rachador de todos, a olimpíada do Saber.

Este ano, e dado que o noso Proxecto Documental vai tratar sobre a convivencia, imos adicar o noso concurso a aquelas persoas, organizacións, ou documentos que marcaron fitos na historia, na procura de mellorar a convivencia entre a xente e regulamentar as normas da sociedade para unha mellor vida en común.mascotacorrendo

Así que facede como don Dinosabio e a participar!!

10 de Febreiro de 2015

O entroido tamén chega á biblioteca, como non podía ser doutro xeito, e vos ofrecemos algunhas ideas para facervos os mellores disfraces, como os distintos libros que tedes á vosa disposición na biblioteca.

A desfrutar do Entroido!!

Jugar y crear disfraces de Owen

disfruta haciendo disfraces

maquillaje

22 de Decembro de 2014

Un ano máis poidemos desfrutar da adapatación teatral dun conto realizado por un grupo de nais de alumnos e alumnas do colexio.

É un verdadeiro placer contar con esta colaboración que como veredes, encántalle aos rapaces e rapazas, e esperamos poder seguir dándolle un lugar de honra nos nosos festivais do Nadal.

5 de Decembro de 2014

Chega o nadal, e con el o barquiño, o noso boletín trimestral, coas nosas recomendacións lectoras… pequenas suxestións para a carta aos Reis Magos, e algún que outro consello que damos, madía leva, aínda que non se nos pida.

Barquinho Nadal

29 de Outubro de 2014

Fedellando pola rede atopamos PowToon e Storyboardthat, páxinas que nos permiten realizar curtas de animación e cómics. Así que aproveitamos e con estas ferramentas facemos algo de promoción da lectura nestas datas do Samaín, ao tempo que practicamos para que cando comecen os clubes de escritura poidan empregar estes recursos.


Create a Copy |
View Larger

25 de Xuño de 2014

Ana María Matute déixanos un pouco máis sós neste comezo do verán.
A pesares de ter xa unha idade avanzada, deixounos mentres traballaba nun novo proxecto literario, o que proba o seu amor, que compartimos, pola literatura.
Quizais non estaría de máis que, co gallo do seu pasamento, relesemos algunhas das súas obras adicadas á infancia e á xuventude, que non son poucas: El país de la pizarra (1956); Los niños tontos (1956); Paulina, el mundo y las estrellas (1960); El saltamontes verde (1961); El caballito loco (1961); Carnavalito (1972) La oveja negra (1994)…
“Quen non inventa non vive” dixo nunha ocasión… vivamos nós nas súas invencións.
Ana María Matute

15 de Maio de 2014

Os alumnos e alumnas de 6º, como é habitual fixeron un cómic sobre a vida do autor ao que se lle adica as letras galegas este ano: Xosé María Diaz Castro.
O cómic-vídeo vainos axudar a coñecer un pouco sobre a vida e obra deste autor, nacido en Guitiriz hai agora 100 anos.
Esperamos que vos guste!

12 de Maio de 2014

Como todos os anos, cando se está acabando o curso e comezamos a preparar o seguinte curso, queremos saber a vosa opinión sobre os servizos e funcionamento da biblioteca.
Para iso pedímovos que nos axudedes enchendo este formulario. Havos levar ben pouco tempo, pero seguro que nos vai ser de grande axuda para mellorar no futuro.

« Older PostsNewer Posts »