10 de Novembro de 2016

O noso compañeiro David, gañador do I premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O noso compañeiro David, gañador do I premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O noso benquerido compañeiro David, acaba de gañar o I Premio Xosé Neira Vilas de novela curta.

O xurado decidiu que Diario de Brian, o chinés, un relato sobre a discapacidade a escola e a amizade, era a novela que merecía este recoñecemento por transmitir un mundo de emocións, protagonizado por adolescentes que deben enfrontarse a situacións problemáticas.

O xurado destacou  a  habelencia na arquitectura do relato, así como a calidade dos diálogos e a coidada caracterización dos personaxes. Grazas a estas cualidades o texto resulta unha historia apaixoante, que atrapa dende a primeira páxina.

A entrega do premio tivo lugar na sé da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, o xoves día 3 de novembro, coincidindo coa data de nacemento do escritor das Memorias dun Neno Labrego

A editorial Embora será a encargada de dar ao prelo o Diario de Brian, o chinés, unha obra que esperamos ansiosos para poder expoñela nun lugar de honra da nosa Biblioteca.

Noraboa David

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.