17 de Novembro de 2016

Traémovos aquí un vídeo da actividade de contacontos que os alumnos de primaria para achegar a lectura aos compañeiros de infantil.

O conto que nos narran Manuel e Sandra de 4ºB podería ser a Carrapuchiña Vermella… ou non! Se cadra é algo que nin é parecido.

16 de Novembro de 2016

Nos cursos de primeiro e segundo de primaria os nosos investigadores procuran información sobre algún dos temas que lle interesan, e logo presentan o resultado das súas investigacións aos seus compañeiros.

Mirade que xeitiño teñen xa!

15 de Novembro de 2016

reading_clubDeixámovos aquí o documento gráfico da primeira sesión das nosas lectoras inglesas. Comezaron por un clásico dos contos infantís, Cinderella, na edición da Editorial Luis Vïves, na colección Black Cat, e polo que dicen, a experiencia é moi boa… e o chocolate e as galletas tamén.

Que teñan moi boas lecturas!

10 de Novembro de 2016

Cartel da exposición sobre a biografía de Manuel María realizada no noso centro.

Cartel da exposición sobre a biografía de Manuel María realizada no noso centro.

No curso pasado, e co gallo de se lle adicar as Letras Galegas a Manuel María, as nosas lecturas en voz alta dos venres se lle adicaron a este autor.

Aínda que estamos nun novo curso, o ano de Manuel María aínda non rematou, así que ata as vacacións de Nadal continuamos realizando os nosos recitados dos venres cos seus versos, tan acaídos para a nosa rapazada.

Pronto rematará este ano adicado ao autor da Terra Cha e comezaremos o ano de Carlos Casares, e as súas galiñas azuis, e as súas laranxas tan, tan, tan laranxas… pero entrementres sigamos disfrutando dos versos de Manuel María.

O ano pasado solicitamos convertirnos en colexio plurilingüe, e acadámolo. Como consecuencia disto a administración dotounos cunha lectora estadounidense que, como era de esperar non tardamos nadiña en embaucala para poñer en marcha unha

Dende Clubs de Lectura Dixitais a Reading Clubs... Estamos que nos saímos

Dende Clubs de Lectura Dixitais a Reading Clubs… Estamos que nos saímos

iniciativa de lectura no noso colexio: un Reading Club.

A idea non é máis que facer o que facemos habitualmente nos nosos clubs, acompañar aos nenos na lectura dunha historia (neste caso necesariamente sinxela), comentar os sucesos que van abrollando do seu decurso, reaalizar algunha actividade que nos permita mellorar a comprensión do argumento, compartir, a fin de contas, a nosa paixón pola lectura… pero desta volta en inglés.

Queremos agradecer a Emily Ross, a nosa lectora, a boa disposición con que acolleu a idea e o interese que mostra na posta en marcha da iniciativa.

Así que xa o sabedes, dende agora… Books for dreaming!

O noso compañeiro David, gañador do I premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O noso compañeiro David, gañador do I premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O noso benquerido compañeiro David, acaba de gañar o I Premio Xosé Neira Vilas de novela curta.

O xurado decidiu que Diario de Brian, o chinés, un relato sobre a discapacidade a escola e a amizade, era a novela que merecía este recoñecemento por transmitir un mundo de emocións, protagonizado por adolescentes que deben enfrontarse a situacións problemáticas.

O xurado destacou  a  habelencia na arquitectura do relato, así como a calidade dos diálogos e a coidada caracterización dos personaxes. Grazas a estas cualidades o texto resulta unha historia apaixoante, que atrapa dende a primeira páxina.

A entrega do premio tivo lugar na sé da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, o xoves día 3 de novembro, coincidindo coa data de nacemento do escritor das Memorias dun Neno Labrego

A editorial Embora será a encargada de dar ao prelo o Diario de Brian, o chinés, unha obra que esperamos ansiosos para poder expoñela nun lugar de honra da nosa Biblioteca.

Noraboa David